Atopan o corpo sen vida dun home nun monte de Lousame

O cadáver foi atopado na tarde deste luns no monte de Marselle, no concello de Lousame
Así o comunicaba ao 112 Galicia un particular, ao fío das 14:00 horas. Na chamada realizada ao Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia, a persoa indicaba que estaba camiñando polo monte e que acababa de atopar a un varón que semellaba falecido.
Decontado, desde o 112 puxéronse os feitos en coñecemento do persoal sanitario, dos Bombeiros de Boiro e dos membros do GES de Noia e da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Lousame, co fin de prestar apoio para o acceso e o rescate do corpo.
Ademais, desde o CIAE-112 Galicia tamén se mobilizou á Garda Civil co fin de aclarar as circunstancias do suceso.