Clusaga recibe a Medalla de Ouro da Cidade de Lugo 2020-21

O Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga) recolleu este martes 30 de novembro, en representación do sector alimentario galego, a Medalla de Ouro da Cidade de Lugo 2020-21. Esta distinción, outorgada polo Concello de Lugo, galardoa aos colectivos profesionais que durante a pandemia da COVID-19 cubriron os servizos esenciais para protexer e coidar da cidadanía.

Este premio supón o recoñecemento de Clusaga como entidade aglutinadora dun sector que, gracias á súa resiliencia e capacidade de esforzo, demostrou a súa fortaleza e importancia nun contexto de crise e incertidume.

Con esta homenaxe, que coincide coa celebración do XX aniversario da declaración da Muralla lucense como Patrimonio da Humanidade, o Concello de Lugo quixo plasmar un aplauso colectivo aos sectores que operan día a día na primeira liña de loita nesta crise sanitaria.

A gala de entrega, que tivo lugar no Museo Interactivo da Historia de Lugo, contou coa asistencia de Lara Méndez López, alcaldesa de Lugo, representantes de outros sectores galardoados e demais autoridades. En nome de Clusaga recolleu o premio o socio Jose Manuel Núñez, CEO de Torre de Núñez, ao que acompañaron Andrés Alonso, de Cafés Candelas, e Carmen Lence, de Grupo Lence, tamén socios do clúster.

O sector alimentario galego

O sector segue xogando un papel fundamental na economía galega, tanto en termos produtivos como sociais. Globalmente, mantense robusto e xera un valor engadido de máis de catro mil millónss de euros e máis de 100 mil postos de traballo.

Outros sectores galardoados

A gala de entrega das Medallas de Ouro da Cidade de Lugo 2020-21 tamén serviu para poñer en valor a labor doutros sectores esenciais: Servizos Esenciais Municipais, Servizos Farmacéuticos, Servizos de Limpeza, Servizos do Transporte, Servizos de Atención Social, Servizos de Proteción Civil, Bombeiros, Policía, Garda Civil, Forzas Armadas e Servizos Sanitarios.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.