Comezan as obras no Vial Cequeliños de Arbo

O alcalde de Arbo, Horacio Gil, supervisou os traballos que se levan realizado

O Concello de Arbo pretende mellorar a súa rede municipal de estradas, reparando as estradas e pistas asfaltadas, e pavimentando completamente as pistas que se atopan en terra. Unha das súas prioridades e mellorar a seguridade viaria en todas as súas estradas, executando ensanches e mellorar o trazado nos tramos mais perigosos.

O alcalde de Arbo, Horacio Gil, supervisaba esta semana os traballos que se levan realizando e informa que as obras están avanzando a bo ritmo.

As obras do Vial Cequeliños, que da acceso ao barrio da Igrexa asi como a Igrexa parroquial e o cemiterio, donde actualmente a estes dous últimos lugares non accede un vehículo, comezaban a semanas pasadas.

Estanse executando traballos previos e escavacións, desbroce do terreo, demolición dos pavimentos existentes. Realizarase a recollida das augas pluviais no camiño de baixada a igrexa, coa execución de tubeiras de PVC de diámetros 315mm e 250mm e arquetas sumidoiro, nos tramos sinalados nos planos. En total executaranse 92m de tubeira. Será preciso ademais  repoñer unha tubeira de rego existente, que se atopa moi superficial, entre outras actuacións que conten o proxecto.

“O Concello de Arbo, quere agradecer aos veciños e veciñas de Cequeliños, que cederón terreo das súas parcelas para a amplitude de este vial –manifesta o rexedor Horacio Gil- pois con estas melloras que se van a realizar no vial de acceso permitirase ampliar o vial”.

Esta actuación conta cun orzamento de  89.768,94 €  e será financiado a través dunha subvención da Deputación de Pontevedra.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.