Contada para crianzas, con María da Pontragha, este sábado na Casa-Museo Manuel María

Contos enfiados coa música de acordeón de Miguel Paz

A Casa-Museo Manuel María acolle este sábado, día 27 de novembro ás 17:00, unha contada, Contar co vento, para público infantil (maiores de tres anos) e familiar coa narradora oral María da Pontragha.

María, acompañada do acordeón de Miguelón Paz, contará diversas historias da tradición oral de medo, de risa e bonitas a rachar.

Para asistir, cómpre reservar previamente en contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou no whatsapp 698177621. O prezo do billete é de 2 euros.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *