Curso de Defensa Persoal Feminina para docentes e ANPA do CEIP Alborada

A través da ANPA do colexio ofreceron a posibilidade de impartir clases de defensa persoal para nais, pais e profesorado do Colexio Alborada
En esta primeira convocatoria anotáronse o máximo de persoas que nos permitía o tapiz e que foron dez (10) todas mulleres.
As clases foron impartidas por Pablo García García, adestrador do club e Florencio Pintos, adestrador nacional de Loitas Olímpicas e presidente do club, duraron dúas horas, durante as cales se explicaron unha serie de técnicas para autodefensa en situacións de risco.
A demanda de actividades utilitarias e formativas, para facilitar o crecemento persoal e o empoderamento das mulleres, está en constante aumento.
A propia Federación Galega de Loita e D.A. está sensibilizada con esta demanda social, e ven de asinar un convenio coa Secretaría Xeral de Igualdade, para achegar estas actividades a unha veintena de Concellos Galegos, antes de final de este ano.