Desprazamento a Oviedo para o Calvo Escola Lubiáns

O Calvo Escola Lubiáns desprázase este Sábado a Oviedo para disputar o seu terceiro partido de Ok Liga Bronce, de novo a domicilio e desta vez fronte ó Oviedo Booling, un equipo forte, moi loitador e competitivo nunha pista complicada como é a asturiana
Será o sábado as 20.00h na pista ovetense Pepín Moreno Fozaneldi. Para esta ocasión o equipo bergantiñán non poderá contar con David Castro que sufríu unha luxación nun dedo da man durante un adestramento da semana pasada e deberá agardar polo menos un par de semanas.
Xornada equipos base
Por outra banda, continúan as ligas dos equipos de categoría base Alevín, Infantil e Xuvenil. O Maker Store e o Big Mat disputan os seus partidos o Sábado pola mañá na casa, mentres que o Garaysa desplázase o Domingo a Ferrol.
Nova convocatoria da selección galega e amigable feminino
As nosas xogadoras Lucía Velo e Noelia Castro volven a ser convocadas para un novo adestramento da Selección Galega Feminina este Domingo 7 pola tarde en Monte Alto e para un encontro amigable o vindeiro Mércores 10 de Novembro fronte o ACOrdes masculino na pista dos ordenses.
Foto portada: Escola Lubiáns