Fútbol e moita aprendizaxe nas II Xornadas Futbolinlugo Burela Bonita (Vídeo)

As II Xornadas Futbolinlugo Burela Bonita, organizadas en colaboración co Concello de Burela, volveron resultar todo un éxito en participación e calidade didáctica

Varios dos mellores técnicos da comunidade xuntáronse na vila mariñá para compartir os seus coñecementos, e o resultado, como non podía ser doutra forma, foi máis que satisfactorio.

O Salón de Conferencias do Consistorio albergou os relatorios, que comezaron ás 10:00 coa participación de Rubén Arce, adestrador de porteiros do primeiro equipo do CD Lugo. A continuación, na quenda de mañá expuxeron as súas teorías futbolísticas Iria Rey (preparadora do CD Lugo feminino), Fiz Rodríguez (segundo técnico da SD Compostela) e Yago Iglesias (exadestrador da SD Compostela), que deleitou aos presentes coa súa charla “Plan de partido. Estratexia operativa en función do rival”.

Despois dunha parada para xantar, á tarde tomaron a palabra Óscar Gilsanz (técnico do Fabril e campión de España co RC Deportivo xuvenil este mesmo ano), que falou sobre a importancia de formar e competir, e Fran Justo (adestrador do CD Arenteiro), que desenvolveu o seu relatorio baixo o título “Adaptarme ao contexto mantendo a miña esencia”. Unha mesa redonda con tódolos relatores serviu para finalizar o acto.

Non só os asistentes de maneira presencial puideron desfrutar das charlas, é e que as xornadas foron emitidas en directo vía streaming a través da canle de YouTube de Futbolinlugo, onde centenares de seguidores gozaron dun día máis que atractivo para tódolos afeccionados ao fútbol.

Futbolinlugo agradece o apoio e a confianza amosados polo Concello de Burela e polos principales patrocinadores do evento: Gadis, El Progreso e Deportes Élide. Sen eles, nada houbera sido posible.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.