Histórica participación da SD Compostela Atletismo no Campionato de España de Cross

Tras acadar o pódio no campionato autonómico, os nosos atletas tiveron a oportunidade de competir cos mellores atletas do mundo nunha proba das máis importantes do calendario atlético internacional. O equipo absoluto, o sub20 e o Sub16 Yago Iglesias foron da partida en Sevilla, no Cross Itálica, Campionato de España de Cross por Clubs. O feito de estar era máis que un logro, pero os atletas o deron todo o que levaban para desempeñar unha meritoria participación

O máis cativo da expedición branquiazul, Yago Iglesias, merecía este premio de participar nun gran campionato tras dous anos cumprindo con creces os obxectivos e tralo seu debut semanas atrás no Campionato de España sub16 de Pista. O atleta compostelanista saíu con valentía na cabeza de carreira, cos mellores atletas estatais, aguantando ata os últimos compases para finalizar nunha meritoria 21ª posición.

Na quenda dos sub20, onde resultaría gañador un galego, o atleta da Estrada El Mehdi, os nosos tiveron as baixas de Nico e Cristian, que os axudaron a clasificarse, pero pelexaron con todo para entrar na meta nesta orde: Brais Pérez, 122º; Iván Abeledo, 145º; Hugo Taibo, 146º; e Xoán Fernández, 169º. Acabaron así como o trixésimo primeiro equipo.

Por último, na carreira absoluta, rodeados dos máis grandes atletas do momento a nivel mundial, lograron clasificarse Amador Pena, no posto 205 con 35’09”; e Jordi Carrasco, no 220 con 35’34”. Pola súa banda, Damián Espasandín, Gumersindo González e Pedro Pazos non puideron puntuar tras ser dobrados polos primeiros atletas, que completaron os máis de 10km de cross en pouco máis de 28 minutos.

Mentres tanto, en Galicia, os santiagueses participaron en Pontevedra, coa participación de Diana Botana, Alma Sánchez e Ariana Iglesias; e o domingo na Pobra do Caramiñal, cos nosos cativos. Na pista pobrenses estiveron participando en carreiras, saltos e lanzamentos Iara Torres, Clara Leis, Irene Leis, Martina Rodríguez, Sofía Suárez, Xoel Otero, Hugo Moledo, Lucía Taboada, Marcos Barcala e Africa Gil.

Por último, na sección de Trail, a SD contou con representación na proba do monte Santa Trega, cunha distancia de 15 quilómetros por fermosos paraxes, de Juan Amigo, con 1h 36’; e Lennon Almeida, con 1h 43’.

Tras esta gran fin de semana, a próxima agarda o Campionato de España de Pista Cuberta en Ourense.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.