Inaugurada a mostra “Perseguindo soños” de Dolores Guerrero no Museo de Lugo

Esta tarde inaugurouse no Museo de Lugo a mostra “Perseguindo soños” da pintora lucense Dolores Guerrero, que protagonizou o acto, acompañada pola vicepresidenta da Deputación de Lugo, Maite Ferreiro

A exposición, en clave retrospectiva, permite visualizar a evolución artística de Dolores Guerrero, desde aqueles ceos e atmosferas coa paisaxe protagonizando a súa pintura de abstracción lírica inspirada na natureza, ata chegar a este novo paso na súa produción que agora abrangue outras manifestacións e incluso arriscadas intervencións baseadas no seu universo particular, acordes coa necesaria evolución creativa. Intercala escultura, instalacións e novidades formais acordes coa necesidade de expresar as súas inquedanzas persoais en consonancia ou disonancia coa realidade obxectiva. Así mesmo, aparece a súa faceta de escritora vencellada ou conectada ás obras expostas para, en definitiva, amosar unha nova produción resultado da súa madurez creativa.

Trátase do segundo proxecto expositivo realizado no Museo Provincial de Lugo (Rede Museistica Provincial de Lugo) ao abeiro do lema do Día Internacional dos Museos deste ano 2021: “O futuro dos museos: Recuperar e reimaxinar”, despois de acoller do 4 de outubro ao 11 de novembro unha retrospectiva da tamén pintora lucense María Jesús Pérez Carballo, baixo o título “Un mundo dous mundos”

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.