Máis de 60 artistas da Coruña participan na «Xornada de estudios abertos»

O Próximo sábado día 13 de novembro a/os artistas da Coruña abren os seus estudos de 11 a 20h, nunha xornada de portas abertas organizada pola Concellería de Cultura para dinamizar as artes plásticas na cidade.
Máis de 60 artistas participan nesta xornada que vén celebrándose unha vez ao ano, e que goza dunha saúde extraordinaria pola transcendencia e afluencia de público mostrada en todas as edicións anteriores.
Un mapa da cidade onde se indica a situación dos estudos, axuda aos interesados a realizar o seu percorrido e disfrutar da arte no seu lugar de creación.
Todos os estudos teñen o seu protocolo de actuación Covid e cumpren coas normas de seguridade.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.