Maite Ferreiro visita a Escola Municipal de Música de Lugo

A edil de Cultura de Lugo visitou as instalacións e comprobou os fondos do banco de instrumentos da escola

A Concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua do Concello de Lugo, Maite Ferreiro, anunciou realizou unha visita ás instalacións da Escola Municipal de Música. Ferreiro visitou as instalacións xunto co persoal da Escola e comprobou os instrumentos que forman parte do fondo do Banco de Instrumentos da Escola Municipal de Música. «O Banco de Instrumentos permite que as familias con maiores necesidades económicas, que non poden facer fronte á inversión que require un instrumento musical, poidan facilitar a iniciación das súas fillas e fillos á música», indicou Maite Ferreiro.

A Escola Municipal de Música comezou a entregar ás familias os instrumentos, cun fondo formado por tres trombóns, catro trompetas, dúas trompas, tres saxofóns altos, un fagot, dous bombardinos, unha tuba, unha gaita en do,  tres packs de percusión,  cinco clarinetes e un requinto. A concelleira de Cultura explicou que «o fondo poderá ser ampliado no futuro, tanto mediante adquisición de instrumentos por parte do concello como con doazóns».

Sobre o material doado, Ferreiro indicou que «sempre que se ceda material para a Escola, converterase en material de préstamo a non ser que o estado ou o interese do instrumento o fagan máis apto para a súa exposición ou conservación».

Os préstamos durarán como máximo un ano e cada estudante só puido optar a un instrumento. Para a adxudicación dos instrumentos, tívose en conta a renda familiar,  ademais, o prazo de solicitude poderá abrirse varias veces cada ano, segundo as necesidades das estudantes da escola.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.