O Camiño Inglés e o Camiño Fisterra-Muxía presentes na feira turística World Travel Market de Londres

O obxectivo é potenciar o mercado emisor británico, principal consumidor do Camiño Inglés

A Deputación da Coruña está presente na feira turística internacional ‘World Travel Market’ que se celebra en Londres do 1 ao 3 de novembro e na que a institución provincial promociona o Camiño Inglés e o Camiño Fisterra Muxía.

O obxectivo desta presenza, materializada nun stand propio integrado no espazo de Turespaña, é o de potenciar o mercado emisor británico, principal consumidor do Camiño Inglés, un produto turístico no que a Deputación da Coruña leva traballando durante os últimos anos.

Ata Londres desprazáronse os deputados Antonio Leira e José Manuel Pequeño, que recibiron á ministra de Comercio e Turismo, Reyes Maroto, á que lle explicaron con detalle a promoción que se está a facer de todos os camiños de Santiago que pasan pola provincia da Coruña.

Ademais, asistiron a unha recepción na Confraternity of Saint James, unha asociación que realizou un gran traballo no Camiño Inglés e que xa foi un dos membros participantes no recente Fam Trip que organizou a Deputación da Coruña para os prescritores do Camiño no Reino Unido e Irlanda.

Viaxe a Reading

Antonio Leira e José Manuel Pequeño desprazaranse mañá ata Reading, cidade coa que se está a traballar na promoción e sinalización do Camiño Inglés. Alí, serán serán recibidos polas autoridades locais, universidades e asociacións da contorna e, ademais, levarán a cabo a instalación de sinalización do Camiño Inglés na localidade.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.