O Concello da Coruña concédelle a Medalla de Ouro ao Mérito á Asociación de Persoas Xordas da Coruña

Inés Rey: “O noso obxectivo é acadar o 100% da accesibilidade para as persoas xordas en todos os nosos servizos para garantir a igualdade real”

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, entregoulle este xoves a Medalla ao Mérito da Cidade na súa categoría de ouro á Asociación de Persoas Xordas da Coruña (ASPESOR). O Concello recoñece deste modo cunha das súas máis importantes distincións a unha agrupación con máis de 50 anos de historia que loita pola integración total do seu colectivo.

“Desde o Concello da Coruña queremos amosarvos todo o noso apoio para seguir rompendo esas barreiras nos diferentes ámbitos do noso día a día. Sabedes que a nosa implicación vai más alá deste acto, tratamos de demostrala con feitos cada día”, sinalou a alcaldesa durante o acto realizado no salón de plenos de María Pita. O Concello da Coruña incorporou durante esta lexislatura a lingua de signos ás retransmisións dos plenos municipais. Ademais, o servizo do 010 conta coa opción de vídeo-consultas con intérpretes de lingua de signos.

A asociación presidida na actualidade por Susana Castelo naceu e 1970 e foi pioneira en Galicia entre as agrupacións de persoas xordas. ASPESOR deulle un forte impulso a este colectivo e converteuse no punto de partida de todo o tecido asociativo de persoas xordas en Galicia traballando na eliminación das barreiras de comunicación existentes co resto da sociedade.

“Somos conscientes de que aínda queda moito camiño por percorrer mais o noso obxectivo e o do resto das administracións debe ser acadar o 100% da accesibilidade para as persoas xordas en todos os nosos servizos. Só, desa maneira, garantiremos a igualdade real”, indicou Inés Rey.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.