O Concello de Vilalba inaugurou hoxe o novo mural artístico da rúa Cotarón

Unha iniciativa do Goberno Municipal para humanizar a contorna urbana da rúa Pedreiras e da zona máis próxima ao auditorio municipal.

O mural, obra de Miguel Peralta, do colectivo Cestola na Cachola, representa a un músico tocando debaixo da árbore de Pravia e da continuidade a outro mural realizado na praia fluvial. Faranse outros nos próximos meses en diferentes puntos do concello.

Cestola na Cachola é un proxecto colectivo de autoemprego constituído por dous artistas para traballar naquilo que máis lles gusta e onde aplican a súa formación: entre murais e economía social e solidaria, entre antropoloxía e ilustracións, entre cadros e sensibilización ambiental.

Os seus compoñentes configuran unha cooperativa de traballo asociado sen ánimo de lucro, que conta con obra mural ao longo de toda España.

“Desde o comezo de mandato tivemos clara a prioridade de humanizar o casco urbano de Vilalba, a través de obras de rexeneración e tamén de actuacións deste tipo con murais artísticos”, asegura Luis Fernández, concelleiro de Infraestruturas de Vilalba, que agradece “a colaboración por parte do propietario do inmoble no que se realizou o mural”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.