O obradoiro de emprego Camiño do Solpor IV participa nos actos do 25N no Concello de Corcubión

Baixo o lema “O amor non é a hostia” o alumnado-traballador do obradoiro dual de emprego “Camiño do Solpor IV” que promove os concellos de Dumbría, Cee e Corcubión, nas especialidades de instrución en ioga e promoción turística local e información ao visitante, asistiron ao acto convocado polo Concello de Corcubión este 25N ás 12h00 na Praza José Carrera, co gallo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero
Para este acto o alumnado-traballador aportou un traballo artístico para afondar na necesidade de concienciar á sociedade local na loita contra esta lacra. A concentración á que asistiron traballadores, membros da corporación municipal, da Deputación da Coruña amais da veciñanza, comezou cun manifesto lido pola tenente alcaldesa María Manuela Fernández Louro (Manola) no que recalcaba o aumento exponencial das chamadas ao 016 ao longo deste ano 2021, rematando cun minuto de silencio en lembranza de todas as vítimas.