O PP pide ao Concello que promocione “Láncara para vivir”

Así se explica na moción que veñen de rexistrar os populares, co fin de que se incentiven “políticas” que freen o declive demográfico e favorezan o asentamento de poboación.

Solicitan tamén que se realice un estudo da situación inmobiliaria no municipio, para saber cantos inmobles hai en venta ou dispoñibles en alugueiro, así como poñer en marcha distintas bonificacións directas para aquelas familias que se empadronen e residan no concello

 Urxen ao goberno local a impulsar iniciativas neste senso, pois este municipio conta con menos de 2.600 veciños e a tendencia nos últimos anos vén sendo un crecemento vexetativo negativo.

Foto. Casa de Ramón Piñeiro

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.