O Secretario Xeral para o Deporte da Xunta reuniuse cos clubs de piragüismo ourensáns

No edificio da Xunta en Ourense reuníronse o Secretario Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia José Ramón Lete, que estivo acompañado polo Xefe de Servicios provincial Manuel Pérez, cos representantes dos clubs de piragüismo da provincia de Ourense, Fluvial Avión-Castrelo de Miño, Escola Municipal Orensana de Piragüismo, Fluvial Allariz, SCDX Fontefria e Fluvial O Barco

Os clubs ourensáns agradeceron ao Secretario Xeral que os recibira nunha reunión temática sobre o piragüismo ourensán e trasladáronlle as principais eivas que ten o desenvolvemento deste deporte na provincia de Ourense, que como denominador común esta a falta de unhas instalacións axeitadas a lexislación vixente, ausencia de unha pista de piragüismo e carencias en material de competición e adestramento para a práctica deportiva, posteriormente cada un dos asistentes, explicou polo miúdo as circunstancias particulares de cada club entregándolle ao Secretario Xeral un dosier das características e problemática persoal de cada un dos clubs da provincia.

O Secretario Xeral amosou o seu interese por cada unha das peticións dos clubs da provincia, e comprometeuse a estudiar cada unha delas cos técnicos da Secretaria Xeral para o Deporte. Tamén sinalou que a Xunta de Galicia, a través de diversas convocatorias de axudas para material, esta intentando paliar o déficit de material deportivo que teñen os clubs deportivos de toda Galicia, e a este respecto salientou que na última convocatoria, habían obtido axuda para comprar material catro clubs de piragüismo da provincia de Ourense, e que se ía continuar nesa liña de actuacións, tendo sempre en conta as necesidades de cada entidade deportiva, nas que se intentaría ter actuacións concretas en función das necesidades e da dispoñibilidade orzamentaria do seu departamento.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.