O Vello Cárcere acolle unha nova exposición do artista local Manuel López Liz

 A concelleira de Cultura de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua visitou a nova exposición do Vello Cárcere, que reúne pezas de madeira realizadas polo artista local Manuel López Liz.

Maite Ferreiro destacou a capacidade do Vello Cárcere e do resto de instalacións culturais de Lugo como «espazos para que as persoas que conforman o tecido cultural de Lugo poidan expoñer a súa obra a todas as veciñas e veciños».

A exposición de Manuel López Liz consta dunha serie de pezas talladas en madeira de carballo e castiro, talladas e decoradas seguindoa técnica da pirografía.

A mostra poderá visitarse na primeira planta do Vello Cárcere ata o 10 de xaneiro de 2022. 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.