Os segredos da primeira fotografía dun buraco negro

O Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE) continúa coas actividades programadas na súa IV Semana da Ciencia coa conferencia divulgativa “Luz e magnetismo dende a fronteira do espazo e do tempo” de Iván Martí Vidal. A conferencia será no Auditorio Abanca de Santiago mañá xoves 25 de novembro ás 20:00 e a entrada será de balde ata completar capacidade. As persoas interesadas tamén poderán seguir a conferencia a través da canle de Youtube do IGFAE

O 10 de abril de 2019 o Event Horizon Telescope (EHT), unha rede de radiotelescopios do tamaño da Terra, obtivo a primeira fotografía dun xigantesco buraco negro, M87*, con 6.500 millóns de masas solares e situado a 55 millóns de anos luz.

O 24 de marzo deste ano, o mesmo experimento logrou capturar os detalles da polarización da luz emitida nas inmediacións deste obxecto, mostrándonos por primeira vez a existencia de campos magnéticos colosais.

Iván Martí Vidal, coordinador do grupo responsable da polarización desta icónica fotografía, contaranos como se puido obter, como se interpreta, que podemos aprender dela e que perspectivas depáranos este fito revolucionario.

Día: xoves, 25 de novembro.

Lugar: Auditorio Abanca (rúa Preguntoiro, 23, Santiago de Compostela)

Hora: 20:00 horas.

Streamingbit.ly/conferencia25novIGFAE

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.