Presentacións do libro “José Afonso, todas as canções, partituras, letras e cifras” na Coruña e en Ferrol

A AJA-Galiza convida a asistir ás presentacións públicas desta obra 

A Associaçom José Afonso (AJA – Galiza) colabora coa presentación do libro «José Afonso, todas as canções, partituras, letras e cifras» que reúne 159 cancións da autoría de José Afonso, compiladas e transcritas por Guilhermino Monteiro, José Mário Branco, João Lóio e Octávio Fonseca. Ç

Este xoves 25 de novembro ás 19h o acto será nas Portas Ártabras. Amigos dos museus de Galicia (rúa Sinagoga, 22, na Coruña). Contará coa presentación de Felipe Senén, as intervencións de Henrique Marques, António Pimenta e Guilhermino Monteiro (coautor) e a intervención musical de César Morán grupo e Xico de Carinho.

O venres 26 de novembro ás 19h presentarase no Ateneo Ferrolán. O escritor Antón Cortizas presentará o acto, coas intervencións de Henrique Marques, António Pimenta e Guilhermino Monteiro, ademais da intervención musical de María Manoela e Manolo Bacalhao.

Trátase dunha publicación fundamental para quen quixer coñecer máis de José Afonso, un xeito de revivir as emocións que nos transmiten as súas músicas e as súas letras, ademais de continuar a espallar as súas ideas de solidariedade e liberdade. Así, esta publicación é un elemento de grande utilidade para quen queira aprender e interpretar musicalmente os temas de José Afonso.

A vasta obra discográfica de José Afonso, iniciada en 1953 e concluída en 1985, constitúe un manancial inesgotábel de inspiración e de aprendizaxe. Grazas ao seu talento excepcional, renovou a canción popular a partir da tradición musical en que se iniciou, integrando novas influencias e marcando decisivamente as xeracións seguintes.

Ademais de rachar preconceptos sobre a canción protesta e de intervención, esta compilación que reúne as partituras de todos os temas que gravou, con cadansúas letras e diagramas, mostra a súa extensa obra que contribuíu para elevar os padróns de calidade no uso da palabra cantada en Portugal.

Despois de dúas edicións en 2010, pola súa boa acollida, o libro volve estar dispoñíbel coa edición e distribución a cargo da Associación José Afonso e este mes chega tamén ao noso país da man dos seus autores.

Nesta programación, ademais da AJA-Galiza, colaboran A.C. Pertenza, Asociación Lobisome, Portas Ártabras. Amigos dos museus de Galicia, Ateneo Ferrolán e a Libraría Pedreira.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.