Renovada a pintura das prazas de estacionamento da zona azul gratuíta da Laracha

De luns a venres pola mañá non se permite o aparcamento por un período superior aos 90 minutos

O Concello da Laracha está a executar unha actuación na capital municipal dirixida a remarcar as prazas de estacionamento situadas nos espazos nos que está establecida a zona azul gratuíta, isto é, no tramo urbano da Avenida Fisterra e nun sector da rúa Santa Lucía.

Para cumprir a normativa, nos vehículos que estean aparcados nas prazas marcadas en cor azul deberase indicar por calquera medio (reloxos de cartón, papeis, etc.) a hora de chegada nun lugar visible e non permanecer estacionados por un período superior aos noventa minutos.

A medida está vixente de luns a venres pola mañá, en horario de 9:00 a 15:30 horas. Durante as tardes, nas fins de semana e tamén nos festivos pódese estacionar sen ningún tipo de restrición horaria. A ordenanza municipal establece exencións a ambulancias e vehículos de emerxencias, automóbiles particulares que dispoñan da tarxeta de mobilidade reducida e vehículos do persoal do centro médico e punto de atención continuada da Laracha.

A finalidade da zona azul gratuíta é facilitar a rotación dos vehículos nas áreas máis céntricas da capital do Concello, onde se concentran tanto os edificios administrativos municipais como entidades bancarias, supermercados e diversidade de establecementos comerciais e hostaleiros.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.