SÉS desembarcará o 12 de decembro no Pazo da Ópera da Coruña

O concerto da cantareira, que destaca polo seu carisma, valente discurso e forza, celebrarase o vindeiro domingo 12 a partir das 19.00 horas e as entradas xa están á venda a través da plataforma Ataquilla.com

Sés presentará o seu último traballo, Liberar as arteriaso domingo 12 de decembro no Pazo da Ópera. A cantautora desembarcará no recinto coruñés para dar a coñecer os temas do seu sétimo traballo discográfico, un álbum no que a loita e a reacción fían un relato ateigado de verdade, aprendizaxe e empoderamento, e do que destacan temas como Espiña sen rosa ou propio Liberar as arterias. Durante o concerto, cuxas entradas xa están á venda na plataforma Ataquilla.com, a cantareira tamén ofrecerá unha pequena escolma dalgúns éxitos de anteriores discos.

Liberar as arterias é un traballo coidado, crú e directo no que Sés potencia a súa valente mensaxe, e no que, musicalmente, segue a evolucionar co seu particular son. A cantautora e produtora conta cun definido estilo propio, resultante dunha mestura na que conflúen, coas doses exactas, os ingredientes que acadan un resultado orixinal e xenuíno: rock’n roll, tradición oral e certa cadencia da canción de autor latinoamericana. Unha combinación na que tamén atopan o seu espazo a súa alma de cantareira e a súa actitude punk como unha irreverrencia lúcida e solidamente argumentada.

María Xosé Silvar, Sés, é unha das grandes referentes do panorama musical galego, dunha consolidad traxectoria discográfica e recoñecida tanto no país coma noutros territorios. Dela salienta o seu carisma e a súa forza persoal, que acompaña dun discurso sincero, novidoso, valente e contundente, no que interpela directamente ao público, con quen mantén unha constante interlocución. A súa obra, que ten como eixe a elocuencia e a defensa da cultura, da diversidade e dos dereitos dos pobos, sitúan á cantareira como altofalante certeiro que defende as causas e ideais que Sés acredita como xustas e necesarias.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.