SOS Sanidade Pública Galega convoca unha manifestación o domingo 14 de novembro, con saída ás 12:00 da Alameda de Santiago de Compostela

SOS Sanidade Pública de A Coruña convida á cidadanía a participar na mesma para reivindicar unha sanidade pública galega accesible, eficaz e fortalecida.
A pandemia ensinounos a necesidade de contar cun sistema sanitario público potente, o único que sempre está aí, o único ao que podemos ir todos en calquera momento, o único que sabemos que non nos vai deixar ou retirar a póliza por padecer enfermidades, ser maior ou non poder pagar.
Necesitamos manter vivo e forte o noso sistema, a nosa atención primaria. Está en risco, está ameazado pola falta de acceso, as listas de espera, pola saturación das consultas, polas políticas que non diferencian público ou privado, pola falta de inversión, pola perda de valor.
É posible cambialo, é posible facer unha mellor xestión que a que fai o goberno galego, facemos un chamamento á cidadanía coruñesa e da área metropolitana a participar na mobilización do 14 en Santiago.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.