Toda a iluminación pública da Coruña será substituída por máis de 20 mil novas lámpadas

Inés Rey: “Suporá non só un aforro económico moi importante, senón que co novo sistema evitarase a emisión á atmosfera da contaminación equivalente a 2.000 vehículos”

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, anunciou hoxe, tras a Xunta de Goberno Local, a licitación do contrato que permitirá a renovación completa da iluminación pública da cidade. Trátase dun dos maiores concursos públicos, pola súa contía, convocados polo Concello, xa que suporá un investimento de 30,4 millóns de euros.

“Grazas aos máis de 12 millóns de euros de fondos europeos IDEA, o Concello afrontará a renovación de case 21.000 puntos de luz, trocando as lámpadas existentes por outras de luz led, con moito menor consumo e menor mantemento, o que redundará, a curto prazo, nunha maior calidade luminosa e, no longo prazo, nun aforro considerable no gasto enerxético do Concello”, indicou a alcaldesa.

O contrato, que se licita en dous lotes, non inclúe só a renovación das lámpadas, senón tamén o seu mantemento e unha prestación de garantía total contra calquera incidencia ou eventualidade, ademais da aplicación dun sistema de telexestión para regular de xeito remoto o sistema.

Inclúe tamén os consumos enerxéticos durante un período de cinco anos. No ano 2022 a previsión é que a factura eléctrica sexa de 2,6 millóns de euros, mais unha vez rematada a instalación das novas lámpadas, esa factura baixará aos 1,3 millóns de euros; a metade.
Nota de Prensa

“Non suporá só un aforro económico moi importante, senón que co novo sistema evitarase a emisión á atmosfera da contaminación equivalente a 2.000 vehículos”, indicou Inés Rey.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.