‘Toponimízate’ comparte a orixe dos nomes da terra de Carnota

A Real Academia Galega ofrece este venres, 5 de novembro, ás 19:00 horas, unha charla sobre toponimia no salón de plenos do Concello de Carnota

O salón de plenos do Concello de Carnota (A Coruña) acollerá este venres, 5 de novembro, a partir das 19:00 horas, unha nova charla de Toponimízate. Falámosche dos nomes da túa terra, a campaña coa que a Real Academia Galega, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, divulga o valor da toponimia tradicional e procura colaboradores na súa salvagarda. O coordinador técnico de toponimia do Seminario de Onomástica da RAG, Vicente Feijoo, explicará ao público a orixe e o significado dunha escolma de nomes de lugares destes concello lugués e mais o funcionamento da aplicación colaborativa Galicia Nomeada.

Galicia Nomeada permite que os veciños e veciñas de cada localidade suban a esta plataforma os microtopónimos da súa zona, nomes de eiras, veigas, devesas ou fontes que constitúen un patrimonio inmaterial único que corre o risco de se perder e que cómpre salvagardar.

O percorrido pola orixe e o significado dos nomes de Carnota que exporá Vicente Feijoo conta coa colaboración do académico electo Universidade de Vigo Gonzalo Navaza, membro do Seminario de Onomástica da RAG.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.