Un centenar de deportistas participarán no “XXVIII Trofeo de Natación Cidade de Narón”

A piscina do Complexo Polideportivo municipal da Gándara acollerá este sábado, día 27, a vixésimo oitava edición do “Trofeo de Natación Cidade de Narón” e a décimo oitava do Memorial Javier Lago

A alcaldesa, Marián Ferreiro, presentou o evento acompañada polo edil de Deportes, José Oreona, e o presidente da Agrupación Deportiva Náutico de Narón, Amando Guerrero. O Concello organiza a convocatoria, que dará comezo ás 17.30 horas, xunto coa A.D. Náutico de Narón.

Un centenar de nadadoras e nadadores participarán neste trofeo, que nesta edición conta cun menor número de deportistas debido á situación sanitaria e que por ese mesmo motivo se celebrará sen público, tal e como indicou Guerrero. O presidente da A.D. Náutico de Narón destacou o nivel deportivo dos participantes nesta edición, procedentes do Club de Natación Arteixo, Agrupación Deportiva Fogar (Carballo-Oleiros), Club de Natación Pabellón Ourense, C.N. Cedeira, Club Marina (Ferrol), C.N. Ferrol –vencedor da última edición celebrada, no ano 2019-, o Real Grupo de Cultura Covadonga (Xixón) e a Agrupación Deportiva Náutico de Narón.

A alcaldesa e o edil de Deportes valoraron o feito de que este ano se poida celebrar de novo, coas máximas medidas de seguridade, este evento deportivo e tamén o traballo que ao longo do ano realiza o club naronés, ao que felicitaron polos seus éxitos.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.