Un concerto de Timparrantela e a representación de Tabú, de Tarabela Creativa: dúas propostas culturais desde o feminismo

A vicepresidenta da Deputación de Lugo, Maite Ferreiro, anunciou as actividades organizadas desde a área de Cultura arredor do 25-N, un concerto da banda ourensá Timparrantela e a representación de “Tabú” de Tarabela Creativa, propostas culturais que teñen detrás creadoras comprometidas co feminismo

Nese sentido, Maite Ferreiro sinalou que “a produción cultural con perspectiva de xénero xoga un papel moi importante na sensibilización en relación cos mecanismos estruturais que están detrás da violencia machista e polo tanto na súa prevención”.

“Fronte as manifestacións culturais que contribúen a crear e perpetuar estereotipos e as desigualdades que están na orixe das violencias, temos que apostar por creacións que contribúen a desmontalos”, expuxo.

A vicepresidenta aproveitou a véspera do 25N para recoñecer “a loita que o movemento feminista desenvolveu nos últimos para visibilizar e denunciar a violencia machista” e avogou porque a “unanimidade institucional, que celebramos, torne en máis e mellores recursos para a protección das vítimas e a prevención da violencia contra as mulleres”.

Concerto de Timparrantela

Este xoves, 25 de novembro, ás 19.00 horas, o Patio do Vello Cárcere acollerá o concerto da formación ourensá Timparrantela.   Con composicións de Olga Brañas, letras de diferentes poetas galegas e galegos e arranxos musicais de Pedro e Pablo Pascual (Marful), a súa banda está formada por: Lorena Sotelo (voz), María Blanco (violino), Olalla Rodríguez López (clarinete), Olalla López Rodríguez (saxofón), Olga Brañas (piano e pandeireta), Raquel Huete (tuba e baixo eléctrico) e Marta Figueiredo (percusión).

O seu ámbito estilístico conecta tanto coas músicas do mundo como coa tradición da verbena, reinventándoa e conferíndolle elegancia. Na primavera de 2020 Timparrantela presenta o seu primeiro traballo discográfico, “Se te quixen foi polos grelos”, con letras cheas de retranca e de apoderamento.

Representación da obra “Tabú” de Tarabela Creativa

O luns 29, tamén no Vello Cárcere, Tarabela Creativa representa “Tabú”, un espectáculo de Carmen Conde, que nace froito das conversar recollidas con mulleres de entre 70 e 95 anos no Valmiñor, o Morrazo, O Courel, A Mariña, a Costa da Morte e o Coutro Mixto sobre a súa vida erótica e sexual de xuventude.

O espectáculo, con narración oral e música en directo, busca trasmitir as historias de confusión, segredismo, amor, picaresca e sexualidade das mulleres, que explican o que somos agora: fillas do Tabú.

Dossier do espectáculo

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.