Unha vintena de expositores na VI Feira do Mel de Montaña de Muras

A Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, e o Deputado de Participación Cidadá, Roberto García Pernas, acudiron este domingo á sexta edición da Feira do Mel de Montaña de Muras, coa que colabora a Deputación de Lugo. Ademais da venda e exposición de mel e produtos de temporada, esta cita contou con actividades destinadas a todos os públicos entre as que destacaron as charlas, o magosto e unha demostración de cociña. A institución provincial axuda a través do Servizo de Audiovisuais á difusión deste evento, que reuniu na parroquia de Viveiró a unha vintena de expositores. Os responsables provinciais visitaron ao mediodía o recinto feiral acompañados polo tenente de Alcalde da localidade, Mario Rouco, e outros membros da Corporación municipal.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.