Vigo dispoñerá de máis dun millón de euros para mellorar a atención dixital da cidadanía

O goberno municipal dispoñerá dunha contía máxima de 1.084.686 euros para financiar estes proxectos cuxo período de execución vai dende o 1 de febreiro de 2020 ata o
31 de decembro de 2022, tal e como recolle a Orde coas bases reguladoras e a convocatoria correspondente a 2021 das subvencións destinadas á transformación dixital e modernización das Administracións das Entidades Locais no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, publicada hoxe no BOE.
O Concello presenta proxectos para mellorar a accesibilidade, atención e información á cidadanía na páxina web, na aplicación móbil e na atención telefónica coa creación dun servizo personalizado, que atenda ás súas necesidades ou aos intereses manifestados chegando a facilitarlle unha axenda que o avise, de forma personalizada, dos prazos das campañas de axudas, subvencións ou outras actuacións.
No ámbito da prestación de servizos, o goberno de Vigo traballa a ampliación dos servizos da Pass Vigo, a tarxeta cidadá municipal que incluirá os servizos prestados por terceiros, como pode ser o caso dos aparcamentos públicos, ou un sistema de bonificación personalizada ao usuario, por exemplo, á hora de acudir a eventos masivos puntuais ou para aboar servizos culturais ou deportivos en función da idade ou condición do titular. Amais, ampliará a rede wifi municipal para contrarrestar a fenda dixital e dotará de
equipos informáticos as instalacións públicas municipais accesibles para a cidadanía.
No eido da administración dixital, o goberno de Vigo dedicará os Fondos Next Generation á
modernización do sistema de xestión administrativa e á creación de servizos de intercambio de información con profesionais que interaccionan co Concello

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.