Xuntos Carballo por un mundo máis Xusto, pide consenso entre administracións referente a o centro de saúde da vila

Dende fai un tempo para aquí estamos asistindo a un enfrontamento entre administracións que para nada beneficia a veciñanza Carballesa, en certo modo tampouco a os habitantes da bisbarra.

Un grupo político que ten total competencia en sanidad, contra outro que ten a potestade en canto a terreos no que se ubica o actual centro de saúde. Uns queren ampliar o xá existente, outros facer outro novo, uns piden firmas e os outros piden apoio no pleno para facer melloras.

Notase claramente que a principal loita non é polo ben da cidadanía, senón excusas para ir collendo apoios dun lado ou de outro cara vindeiras citas electorais. Se unha cousa temos clara dende a nosa formación, é que o consenso e fundamental no ben da cidadanía, e actualmente os acordos parecen moi distantes dende ambolos dous bandos.

Dinnos que temos un centro de referencia como e o hospital Universitario da Coruña, a menos de vintecinco ou trinta minutos, pero a verdade eche ben diferente dependendo do concello da área en que se viva,e a saturación do mesmo é un feito contrastado, desviandose numerosas especialidades a o ventorrillo.Se como nos venden queren o mellor para a zona sanitaria porque non prantexan no parlamento un hospital comarcal , que remate co problema existente? Porque non  deixan de politizar a sanidade?.

As leises están para mudalas, e se verdadeiramente existe interese político real, poderiase  prantexar tal posibilidade polo ben das xentes de Bergantiños, que somos moitos/as. Deixen de guindarse os trastes a cabeza e centrense no ben común, porque os seus xogos de poder non poden levar a estes camiños sen saida, que para nada benefician a os usuarios/as da sanidade pública.

Traballen en solucións e non en problemas.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.