A Asociación veciñal “Os nosos lares” de Palavea organiza este sábado o “I Encontro sobre colonias felinas”

A Asociación veciñal “Os nosos lares” de Palavea organiza este próximo sábado o “I Encontro de colonias felinas”, unha actividade organizada para que os propios especialistas con coñecementos na xestión das colonias felinas e a saúde dos gatos ferais poidan contribuir a divulgar e ampliar o coñecemento nestas materias, especialmente entre a veciñanza e os voluntarios, e, polo tanto, axudando, de esta forma, a mellora da formación para un axeitado coidado das colonias e a fomentar a concienciación e respecto aos felinos dos nosos barrios.

A xornada terá lugar no Centro Cívico de Palavea. As prazas son limitadas según o aforo máximo da sala.

Os convidados que intervirán neste primer encontro son:

Gabriel Bustillo Barreda, veterinario pola Universidade de Zaragoza e Director veterinario da Fundación Protectora de Animales del Principado de Asturias. A súa intervención leva por título «C.E.R. (Captura, Esterilización y Retorno)» e está centrada en cuestións do método de xestión básico das colonias felinas.

Beatriz Aparici Feal, veterinaria pola Universidade de Santiago, con Máster en Xenética e Reprodución e PG en Medicina felina. A súa intervención leva por título: «Los gatos outdoor e indoor: necesidades sanitarias» e estará centrada, sobre todo, nos coidados veterinarios e as pautas vacunais.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.