A Cabalgata de Reis de Oleiros percorrerá todas as parroquias do municipio

O vindeiro mércores 5 de xaneiro os Reis Magos percorrerán as principais rúas de todas as parroquias para saudar aos nenos e nenas de Oleiros. A comitiva real será recibida oficialmente na Casa do Concello, estando previsto que ás 16:30 horas Melchor, Gaspar e Baltasar saúden desde o balcón principal do consistorio a todos os nenos e nenas que se acheguen ata a praza de Galicia

Igual que o ano pasado, o Concello de Oleiros poñerá a disposición dos Reis Magos un autobús descapotable decorado especialmente para a ocasión. Para evitar aglomeracións non se realizará ningunha parada. O Concello solicita a colaboración de todos os cidadáns para manter as distancias e agardar nas beirarrúas, sen invadir a estrada en ningún momento.

Os horarios aproximados de paso dos Reis son os seguintes, aínda que poderían sufrir variacións en función do tráfico:

16:30 H – Recepción oficial na Casa do Concello e saúdo desde o balcón do consistorio

16:45 H – Avenida Francisca Herrera

16:50 H – Avenida Isaac Díaz Pardo, urbanización Os Regos

17:00 H – Avenida Rosalía de Castro, Casa do Pobo de Montrove

17:10 H – Rúa das Garridas

17:20 H – N-VI, Avenida das Mariñas (Agramar-Beiramar)

17:25 H – Urbanización O Seixo

17:40 H – Urbanización Mesón da Auga, rúa Anido

17:55 H – Avenida Salvador Allende, Casa do Pobo de Nós

18:05 H – Avenida Espoz y Mina

18:10 H – Rúa da Vila, Casa do Pobo de Iñás

18:15 H – Rúa Fonte do Ouro, urbanización Arenaza

18:30 H – O Couto, Rúa do Golfiño

18:40 H – Avenida Giménez Herrero, Casa do Pobo de Dexo

18:50 H – Rúa Doutor Fleming

19:00 H – Paseo de Mera

19:05 H – Avenida María Pita

19:10 H – Avenida República Arxentina, Breixo

19:15 H – Urbanización Rialta, parque Nicolás Redondo

19:25 H – Rúa Viñas de Babilonia

19:35 H – Avenida Concepción Arenal

19:40 H – Avenida Che Guevara

19:50 H – Rúa Darwin

20:00 H – Avenida Santa Cristina

20:10 H – Rúa Miradoiro

20:15 H- Avenida da II República

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.