A Escola Basket Xiria colabora un ano máis coa recollida de xoguetes de Cruz Vermella

A ESCOLA BASKET XIRIA colabora como tódolos anos, coa Campaña de recollida de Xoguetes novos (non bélicos, non sexistas) de Cruz Vermella de Carballo

Cruz Vermella, co eslogan “Os seus dereitos en xogo – Coa túa axuda, teñen moito que aprender”, tentará facer realidade o desexo que temos todas e todos de que tódolos nenos e nenas da contorna reciban un agasallo este Nadal.

Por mor da situación sanitaria, os xoguetes poderán entregarse directamente na oficina de Cruz Vermella de Carballo ata o 23 de decembro en horario de luns a xoves de 9 a 14h e de 16 a 18h e os venres de 9 a 14h.

A área social da Escola Basket Xiria sempre sensible, implicada e solidaria coas causas que fomenten a igualdade e apoio ás familias na mellora da súa calidade de vida, tamén colaborará poñendo varias persoas voluntarias do club, a disposición de Cruz Vermella para colaborar na tarefa de envolver os regalos.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.