A Vicepresidencia pon a “arrancadeira” á VI Foliada da Fonsagrada

A Vicepresidencia pon a “arrancadeira” á VI Foliada da Fonsagrada, cos concertos de Habelas Hainas, na madrugada do sábado ao domingo, ás 2.40 horas, e Fransy, Davide e Cibrán, o domingo ás 20.00 horas

Coa organización destes concertos, a área de Cultura colabora coa asociación Petapouco e A Destempo, na programación da Foliada, que inclúe máis música, obradoiros de baile, presentacións de libros, proxeccións, unha mostra de artesanía, roteiros e unha homenaxe a Florencio dos Vilares e Modesta de Noceda.

A vicepresidenta da Deputación de Lugo, Maite Ferreiro, sinalou que “colaborar coa organización deste evento, que pon en valor o noso patrimonio material e inmaterial , e que ten detrás xente moza comprometida coa nosa cultura”.

Venres 3

  • 11.00h. Roteiro polas montañas. Muín do Penallo e Castro de Castañoso
  • 21.30h. Cea

Sábado 4

  • 11.00h. Apertura da Foliada e homenaxe a Florencio dos Vilares e Modesta de Noceda. As cegas de Ouselle
  • 11.00h. Apertura da feira de artesanía
  • 12.00h. Presentación do proxecto Avareira
  • 12.00h. Pasabares. Kalandracas, A Musicleta
  • 16.30h. Cine na Vila. Sergio da Veiga,O que queda de Nós
  • 17.00h. Obradoiro de baile tradicional. Rebeca Tallón
  • 18.15h. Ao son da lareira. Apatacón
  • 19.30h. Cantos de taberna
  • 22.30h. Concertos. Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre, Galicia Fiddle, Os D’Abaixo
  • 2.40h. Concertos da Arrancadeira. Habelas Hainas

Domingo 5

  • 11.00h. Obradoiro sobre Florencio dos Vilares. Gutier Álvarez
  • 13.00h. Vermú Polavileiro. Os Vellos Mestres, Monteavaro, Muñalén & Amigos
  • 18.00h. Presentación do libro.O Toque Pechado
  • 20.00h. Concertos da Arrancadeira. Fransy, Davide e Cibrán
  • 22.00h. Butelada popular

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.