A Xunta elaborará un censo poboacional de sete especies de aves mariñas de Galicia

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda licitará o contrato da actuación, publicado na plataforma autonómica, por un importe de case 80.000 euros

O obxectivo é actualizar a información relativa ás poboacións reprodutoras do corvo mariño cristado (Phalacrocorax aristotelis), a gaivota tridáctila (Rissa tridactyla), a gaivota patiamarela (Larus michahellis), a gaivota escura (Larus fuscus), o gaivotón (Larus marinus), o arao común Uria aalge) e a pardela cincenta (Calonectris borealis).

Así, durante un período máximo de dez meses —prazo de execución do contrato—, peitearase o litoral de Galicia para observar exemplares destas especies, así como determinadas áreas concretas de Rede Natura 2000, como a ría de Ortigueira e Ladrido, o complexo intermareal Umia-O Grove, a ría de Foz ou o complexo húmido de Corrubedo, entre outras zonas.

As empresas interesadas en acceder a este contrato dispoñen ata o vindeiro 17 de decembro para presentar, de xeito telemático, a súa solicitude.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.