Aberto o prazo de inscrición para o curso de limpeza de superficies e mobiliario en edificios e locais de Íntegro

Trátase dunha acción formativa, dirixida a persoas con disCapacidade e en situación de desemprego, co-financiada polo Fondo Social Europeo (FSE) no marco do Programa Operativo POISES 2014-2020. O obradoiro, de 284 horas de duración, dará comezo o vindeiro día 26 e prolongarase ata o 12 de maio

Dentro da convocatoria de axudas económicas a proxectos de reforzo da empregabilidade de persoas con discapacidade “UNO a UNO”, a asociación Íntegro vén de recibir unha subvención para a realización dunha acción formativa adaptada sobre “limpeza de superficies e mobiliario en edificios e locais”, no marco do Programa Operativo POISES 2014-2020, co-financiado polo Fondo Social Europeo (FSE).

O curso, que terá unha duración de 284 horas, incluirá formación teórica específica en materia de limpeza así como as correspondentes sesións prácticas en empresas. Ademais, levarase a cabo un programa de aprendizaxe transversal e de apoio na posterior busca activa de emprego para promover a inclusión laboral deste colectivo. As clases, que se desenvolverán nas instalacións de Íntegro, darán comezo o vindeiro 26 de xaneiro e rematarán o 12 de maio.

As persoas interesadas en participar nesta formación deberán ter recoñecida unha discapacidade igual ou superior ao 33% e atoparse en situación de desemprego e/ou inactividade. Os interesados/as poderán obter máis información chamando ao 981 734 985, de luns a venres en horario de 09.00 a 17.00 horas, ou enviando un mail ao enderezo electrónico info@integro.es. O 10 de xaneiro arrincarán as primeiras entrevistas do proceso de selección de candidatos/as.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.