Amizade levou a cabo o servizo de atención integral, promoción da autonomía persoal e inclusión social das persoas con discapacidade grazas ao 0,7% do IRPF

A asociación Amizade executou un ano máis o servizo de atención integral, promoción da autonomía persoal e inclusión social das persoas con discapacidade dentro do programa de atención integral para persoas con discapacidade que cofinancia a Xunta de Galicia
COGAMI xestiona esta subvención vinculada ao 0,7% do IRPF destinado á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social, posibilitando a coordinación e xestión de todos os servizos e actividades que se levan a cabo actualmente na entidade.
Entre os servizos e actividades que se levan a cabo destacan o servizo de fisioterapia, servizo de logopedia, servizo de apoio psicolóxico, servizo de información e asesoramento, ximnasio adaptado, obradoiro de ocio, saídas de lecer e culturais, actos de sensibilización social e política, entre outras.
Durante este ano 2021 beneficiáronse aproximadamente preto das 80 persoas con discapacidade de diferentes concellos da comarca de Pontevedra, chegando a un maior número de persoas na contorna comunitaria grazas á campaña e actos de sensibilización e ás charlas de concienciación.
Amizade traballa en prol da defensa dos dereitos das persoas con discapacidade da comarca de Pontevedra e ten a súa sede social en Monteporreiro (Pontevedra).