Ana Miranda: “O ecopostureo das empresas extractivas sáelle moi caro a Galiza, coa destrución dos sectores produtivos”

A portavoz do BNG en Europa, Ana Miranda, censura a decisión de PP e PSOE, na Comisión de Peticións da Eurocámara, de pechar as denuncias presentadas por diversos colectivos ecoloxistas referidas as minas de Santa Comba e Alberta I. “Lamentablemente, o ecopostureo no que se empeñan as empresas extractivas sáelle moi caro a Galiza, coa destrución dos sectores produtivos, sen esquecer o deterioro medioambiental”, subliña.

“É tremendamente grave o incumprimento sistémico de diversas directivas europeas por parte dos proxectos mineiros, tal e como denunciou na súa intervención Joam Evans”, afirma Ana Miranda, en referencia á continua fragmentación dos proxectos, a falta de avaliación ambiental e as trabas para a participación da cidadanía. Segundo reiterou, cómpre frear calquera actuación que poña en perigo o medio ambiente e outros medios de vida. “Non podemos agardar a que as consecuencias sexan irreversibles”, subliñou, ao tempo que considerou unha boa nova que a petición sobre a mina de San Finx siga aberta, no que tivo un papel relevante a deputada do grupo Verdes-ALE Tatjana Zdanoka.

Por outro lado, a portavoz do BNG en Europa salientou a relevancia de que acadar que Comisión de Peticións acollera unha audición sobre a megaminería contaminante, dados os efectos que destas explotacións. Ademais das intervencións das deputadas do grupo Verdes-ALE, Anna Cavazzini -que indicou que nas zonas naturais protexidas a minería debe ser prohibida-, e Margrete Auken –que defendeu o cumprimento do Convenio de Aarhus sobre participación pública e información ambiental-, Ana Miranda resaltou as intervencións dos investigadores Steven Emmerman e Alexander Dunlap.

Sen seguridade mineira na UE

Steven Emmerman, referencia mundial da análise da minería, asegurou na súa exposición que non é certo que haxa seguridade mineira na UE e citou como exemplo as minas de San Finx. Ao respecto sinalou que a mostraxe que se fixo nesta explotación “non é seria nin suficiente pois non se puideron calcular os niveis de impacto de cadmio, cobre e zinc no marisqueo”.

Pola súa banda, o investigador da Universidade de Oslo Alexander Dunlap criticou que a demanda de mineral mundial fai que se lance a chamada «imposición extractiva», é dicir, proxectos mineiros con cantos de serea de postos de traballo que sacrifican ecosistemas e violan dereitos básicos como o da participación pública. Neste sentido, citou as manobras da empresa da mina de Touro, baseadas en propaganda para a aceptación do proxecto e cualificounas como exemplo de ecopostureo. Esta falta de participación tamén foi criticada pola representante de Ecoloxistas en Acción, Elena Solís.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.