Arbo promociona os seus encantos no Museo Arabo

Un total de 35 persoas visitaron o Centro de Interpretación do Viño e a Lamprea ArabO. A visita foi organizada pola pola AECT Rio Miño e o Concello de Arbo e nela participaron visitantes de España e Portugal
O Museo Arabo, volve a abrir as súas portas para visitas guiadas e previa cita. Ao remate da visita os participantes degustaron a Lamprea seca de Arbo preparada en distintas formas acompañada dos viños das adegas de Arbo.