As persoas voluntarias de Oleiros coñecen presencialmente ás persoas ás que chaman por teléfono

O Concello de Oleiros, con motivo do Día Internacional do Voluntariado que se celebra este domingo, organizou un café coloquio na Casa do Pobo de Nós entre as persoas do voluntariado de Oleiros que participaron no “Proxecto Falamos” e as persoas que recibiron as chamadas durante a pandemia. Foi un encontro moi emotivo por coñecerse fisicamente, despois de moitos meses de contactos telefónicos
“Falamos” é un programa de acompañamento telefónico para persoas que están incluídas no Programa municipal de Educación Familiar. As persoas voluntarias, realizan chamadas telefónicas periódicas, co obxectivo de manter unha conversa amena, ó mesmo tempo que se cumpre o obxectivo de paliar a soidade e a ausencia de interacción social.
A situación vivida coa COVID-19 afectou, en maior ou en menor medida, á vida das persoas. Os confinamentos, as restricións sociais e as situacións de incertidume tiveron consecuencias negativas, en moitos ámbitos das nosas vidas; saúde mental, rede de apoio….. Por estes e outro motivos, comezamos a implementar o programa en decembro de 2020.