As traballadoras do SAF de Chantada piden intervir no Pleno do concello

As traballadoras integradas na Plataforma SAF de Chantada queremos intervir no vindeiro pleno do concello para expoñer a nosa problemática e a situación na que se encontra o servizo, os incumprimentos que está a cometer a empresa e a violación de dereitos fundamentais que esta tendo lugar.
Fixemos unha petición formal ó concello para que a compañeira Elisabeth, unha das despedidas, cuxo despido foi anulado pola xustiza, interveña no pleno e dea a coñecer a todos os concelleiros, a verdadeira situación e a indefensión na que se atopan as traballadoras ante os reiterados incumprimentos por parte da empresa SAMAIN.
Estes motivos son mais que suficientes para solicitar o cese da concesión. E por ben das usuarias e as traballadoras pedimos que o servizo volva a ser público.
Esiximos a re municipalización do servizo de atención no fogar e recuperar unha atención de calidade para todas as usuarias, e cese a temporalidade coa que se está a prestar o servizo. Unha temporalidade que a sofren tamén as persoas usuarias que ven como cada día son atendidas por unha traballadora diferente na meirande parte dos casos.