“Baixo o mesmo paraugas”. O obradoiro de emprego Camiño do Solpor IV aposta por un turismo inclusivo e un deporte sen barreiras.

O alumnado-traballador do obradoiro dual de Emprego “Camiño do Solpor IV” que abarca os concellos de Dumbría, Cee e Corcubión, na especialidade de Promoción turística local e información ao visitante así como tamén a especialidade de Instrución en Ioga, únense á iniciativa de 90 entidades sociais de toda Galicia na que animan á veciñanza a subir unha foto ás redes cos cancelos #BaixoOMesmoParaugas e #ParaugasPolaDiversidade. Todas as persoas temos cabida baixo o mesmo paraugas, sen diferenzas, coa meta de visibilizar unha sociedade diversa e plural, pero con desexos e ilusións por igual.

Neste día o alumnado-traballador do obradoiro subliña a necesidade de fomentar un turismo inclusivo e anima ás administracións a crear espazos turísticos para todos, amais da reivindicación do deporte sen barreiras mediante o lema “Di Capacidade” para sensibilizar que todos temos capacidades diversas.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.