Breaking Bad. Por @DulceCorcu

É a serie de culto por antonomasia. Difícilmente atoparemos alguén que non a celebre ou, alomenos, que non a vira. Probablemente porque pese a ser por capítulos e ao longo de cinco tempadas, está pragada de tinturas cinematográficas e dunha fotografía hipnotizadora que nos sitúa perfectamente nesas enloquecidas carreiras polo deserto ou nalgún tugurio de mala morte.

A trama é un retrato da desquiciada sociedade americana, hiperbolizada en típicas personaxes e situacións que nos son máis que coñecidas. O policía racista e machista que presume de selo nun Estado coma Novo México onde abunda a inmigración. Que despreza sen disimulos todo o que cheire ao outro lado da fronteira e que fai gala da superioridade conferida pola graza de ser estadounidense. Un poli duro que interpretará ese papel aínda que nel lle vaia a vida. O protagonista, profesor de instituto, sofre máis cando pensa en como pagarse o tratamento da súa enfermidade que cando recibe a diagnóse dun cancro terminal. Ante a falta de cobertura sanitaria ten dúas opcións: deixarse morrer sen tratarse para non hipotecar a vida da súa muller e fillos para o resto dos seus días, ou delinquir para ter unha oportunidade de supervivencia. A desestructuración familiar é o almorzo cotián na gran Norteamérica, o abandono institucional e a falla de axudas e recursos tanto económicos coma sociais abocan ás rúas e á delincuencia. Enfermar non se contempla, é un luxo. Visitar unha consulta médica é o máis parecido a unha feira de gando, sopesando cada dólar de cada proba e privándote das que non podes pagarte. No país máis desenvolvido científicamente do mundo, podes morrer dunha gripe mal curada. Ou dunha sobredose do que fose que tomaran para paliar a dor e poder seguir traballando.

Para nós, espectadores deste lado do mar, resulta aterrador comprobar que non van a un hospital cada vez que o precisan, senón únicamente cando poden costealo. Desas cousas que fan que te sintas afortunado incluso estando enfermo, paradóxicamente. A serie paga a pena, pero sobre todo e dende a distancia, entendes perfectamente iso que escoitamos en tantas ocasións e que tanto repiten os patriotas norteamericanos de «Dios bendiga América». Normal. Toda axuda divina é pouca.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.