Campionato III Fase Niveis (Niveis 1 ó 3) – Libre: CP Conxuro A Laracha

O CP Conxuro organiza a III Fase de Niveis Libre (Niveis do 1 ó 3) de patinaxe que se vai celebrar no pavillón Municipal da Laracha este sábado día 11de novembro desde as 10:00 e ata as 19:50 horas.

Horario Niveles Coruña Norte

Trátase dunha proba federativa oficial á que acudirán preto de 200 patinadores, que realizarán un programa coa finalidade de superar o seu nivel.

Tomarán parte no evento vinte clubs de patinaxe de toda a provincia da Coruña, en concreto CP Patiart , CP Velúa, CP Aura, CP Buxaina , CP Lenda, CPA Costa da Morte, CPA Inercia, CP Oleiros, CP Axel, CP Alquimia, Club Compañía de María, Escola Lubiáns, CPA Eiriz, CD Fervello, CPA Maxia, CP O Corgo, CP As Pontes, CPA Brincadeira, CP Enxebre e o clube organizador, CP Conxuro A Laracha. 

O CP Conxuro presenta a 11 das súas patinadoras:

  • Nivel 1: Mía Muñiz, Candela Tuset, Lucía García, Sofía Bello, Daniela Pose e Jimena Felipez.
  • Nivel 2: Lucía Losada, María García e Daniela Antelo
  • Nivel 3: Iria Bustelo e Lara Roca

Esta proba organizada polo CP Conxuro é convocada pola Federación Galega de Patinaxe e conta coa colaboración do Concello da Laracha, a Deputación Provincial da Coruña e os patrocinadores «Asteria Café», «Argalla», «O Noso Café» e «Maluca Lobe».

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.