Carruseis infantís e unha pista de xeo no Nadal de Oleiros

Todos os nenos e nenas de Oleiros terán á súa disposición a partir de mañá mércores uns carruseis na praza Esther Pita de Santa Cruz e na polideportiva da avenida da II República de Perillo. Nesta segunda ubicación tamén haberá unha pista de xeo para patinar

O horario destas actividades será de 16.00 h a 21.00 h, ampliándose as mañás dos domingos de 11:30 a 13:30 horas. Cada viaxe nos carruseis custará 1 euro e a pista de xeo serán 5 euros por media hora, con todo o material necesario agás os guantes, que será obrigatorio que cada persoa leve os seus.

“Pensando nos nenos e nenas decidimos poñer, durante estes días de vacacións que teñen polo nadal, carruseis e unha pista de xeo. Estarán dispoñibles a partir de mañá na praza Esther Pita e na polideportiva da avenida da II República. Ante a imposibilidade de levar estas actividades a todas as parroquias, optamos polas dúas localidades mellor comunicadas para facilitar os desprazamentos”, comentou o alcalde Ángel García Seoane.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.