CCOO. A retirada de pancartas por parte do Concello de Pontevedra supón unha vulneracion da liberdade de expresión

No día de onte foron retiradas polo concello de Pontevedra varias pancartas de CC.OO. que foran colocadas o día anterior, co seguinte texto: “ Non á represión de Lores contra os traballadores de Ence”.  Estas pancartas responden á denuncia presentada polo Alcalde de Pontevedra, contra o compañeiro do Comité de Empresa de Ence, Ramiro Cerdeira, a quen á fiscalía lle solicita un ano de prisión, por unha actuación sindical en defensa dos postos de traballo directos e indirectos de Ence.

Coa retirada das pancartas, que son propiedade de CC.OO. e que teñen un custo superior a 400 euros, o Alcalde de Pontevedra, mediante as persoas que procederon a retiralas, está cometendo un delito de roubo, polo que procederemos a presentar a correspondente denuncia.

Pero o mais grave da retirada de ditas pancartas está na vulneración intolerable do dereito constitucional de liberdade de expresión, que ningún cargo institucional pode impedir legalmente, salvo quen como Lores ten un comportamento propio dun dictador  que se considera por enriba do ben e do mal, actuando como un auténtico sátrapa.

Con ésta actuación, que é reincidente, comprobase que en Pontevedra non se pode opinar con liberdade, e que só son permitidas as críticas a quen non forme parte do BNG, senón é así utilizanse os recursos do concello para impedilo.

«A CC.OO. non nos sorprende que quen criticou no seu día a “ Lei Mordaza” agora sexa o seu principal valedor, indo incluso mais aló das restriccions de dereitos democráticos que impuxo dita lei».

 

CC.OO. non imos permitir que en Pontevedra se siga impoñendo a non escrita Lei do silencio, no que respecta as actuacions antidemocráticas do goberno municipal, e, ademais das denuncias, procederemos a realizar próximamente movilizacions contra esta actuación concreta e contra os ataques de acoso aos traballadores e traballadores de Ence, contra quenes o goberno municipal realiza unha campaña de desprestixio sostida no tempo coa consigna de “ Enceborroka”, porque os traballadores teñen a “desfachatez” de non rendir pleitesía a Lores e se “atreven” a defender os seus postos de traballo.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.