Comeza a instalación do alumeado exterior do MIHL

Rubén Arroxo: «Avanzamos na mellora da accesibilidade da zona, eliminando zonas escuras e dando un mellor acceso ao museo»

O Tenente Alcalde de Lugo, Rubén Arroxo, xunto co edil de Infraestruturas, Alexandre Penas, visitaron o MIHL, onde veñen de comezar os traballos de instalación do alumeado na zona exterior do museo. Arroxo explicou que «continuamos a avanzar na mellora da accesibilidade da zona, eliminando unha zona escura da cidade e mellorando o acceso ao museo».

Con esta actuación, o Goberno de Lugo instalará 23 novas luminarias LED, de 53W, avanzando na instalación de luminarias de baixo consumo en todas as instalacións da rede de alumeado público de Lugo. En toal invístense 41.331,18€. Arroxo explicou que «os traballos desenvolveranse durante as vindeiras semanas».

O Tenente Alcalde destacou o potencial do MIHL como espazo expositivo, e destacou que «este ano, unha soa exposición do MIHL recibiu máis de 10.500 visitantes, superando todas as marcas históricas do museo», e engadiu «desde o Goberno de Lugo continuaremos a achegar propostas expositivas de calidade ao MIHL para facilitar que todas as persoas de Lugo e as persoas que nos visiten descubran unha instalación tan singular coma esta».

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.