Comunicado do SAF Chantada trala sentenza de nulidade dos dous despidos de Samain no concello de Chantada

As compañeiras do SAF celebramos a sentencia que fai nulos os despidos sufridos polas nosas compañeiras Ángeles e Elisabeth. Despidos que vulneraron os seus dereitos fundamentais, e sen motivos que os xustificaran, según establecen as sentencias.

O Concello de Chantada foi cómplice destas irregularidades ao pedir o desestimento destas demandas, sendo declarado nesta sentencia como responsable solidario.

Nestas sentencias se establece a violación de dereitos fundamentais como o de igualdade ou o da integridade física, ademais de motivar o despedimento exclusivamente nunha falta de rendemento estando de baixa, cando cunha baixa de longa duración, esta queda establecida como o dunha discapacidade, motivo polo que converte este despido en nulo. Os colectivos con discapacidade ou os que son vítimas de violencia de xénero son colectivos de especial protección como así o establece a lexislación e as bases deste convenio.

O Concello, estando ó tanto de todas estas irregularidades, sumouse ás pretensións de Samain, converténdose en cómplice da violación de dereitos fundamentais, cos diñeiros de todos os contribuíntes.

Todas estas irregularidades, mais as anteriores cometidas por Samain, como por exemplo, de non dispor de local para a súa actividade, son máis que suficientes para rescindirlle o contrato.

Esta empresa viola dereitos fundamentais das traballadoras, e presta o servizo nunhas condicións que non se ciñen ó convenio anterior, como así establece a lexislación.

Esta forma de prestar o servizo a sofren tamén a maior parte das usuarias, que ven como cada día a atende unha traballadora diferente.

Esta negativa de Samain a aplicar o convenio orixe tamén está demandada nos xulgados. E tras unha sentencia condenatoria, se está a espera do recurso presentado pola empresa. E tras unha petición aos xulgado dunha execución inmediata da sentencia, á que está obrigada a empresa, salvo que supoña un quebranto importante para a mesma, volveu a presentar recurso.

A todo isto temos que engadir o impago de antigüidade, pagas extras, quilometraxe e outros conceptos salariais polo que tamén Samain está demandada nos xulgados.

En definitiva, nos encontramos cunha empresa que sistematicamente incumpre a lei, e que ten ó seu lado a un goberno municipal que mira cara outro lado.

As usuarias e as traballadoras non se merecen semellante trato, e sobre todo, cando nos encontramos cun servizo para atender a persoas dependentes que necesitan todo o noso cariño despois de toda unha vida de traballo.

Ante todo isto, pedimos a rescisión inmediata do contrato con Samain, e a volta a un servizo público de calidade para todas e todos.

E o esiximos, porque ante todos estes incumprimentos, irregularidades e un peor servizo para as usuarias, o costo do servizo aumentou. Aumento que só enche as arcas de Clece, que é a propietaria de Samaín.

E para rematar, ven ó caso recordar a intervención en pleno do máximo responsable municipal e da responsable de servizos sociais, mofándose das traballadoras que destrozaron a súa saúde coidando aos nosos maiores en condicións difíciles e sen medios, chegando a ter que levantar 700 Kg diarios ou mais, sen grúas e ningún tipo de axuda. A responsable de servicios sociais declarou, sen tan sequera ruborizarse, que sempre estivo ó lado das traballadoras. Preguntámonos onde e cando. E o alcalde, de xeito incrible e con profundo descoñecemento, preguntábase como é que había tantas traballadoras de baixa, cando a súa obriga era coñecer en que condicións facían o seu traballo e por que había tanto persoal de baixa.

A maior parte destas traballadoras teñen danos severos e perpetuos músculo-esqueléticos. Todos eles corroborados por informes médicos e diversas probas. Un comportamento, o do alcalde e a súa corporación, que amosa que o goberno municipal non facía, nin fai, o seu traballo vixiando a saúde das traballadoras e o cumprimento das condicións laborais, como así o esixe a lei e as cláusulas da concesión.

Xa temos publicados recortes de probas médicas, por si alguén tiña dúbidas. A situación é insostible, e o destrozo da saúde das traballadoras é intolerable.

A estas alturas estas traballadoras xa non esperan as desculpas dun goberno municipal que mira cara outro lado, aínda que queda demostrada a súa ineptitude e a súa desidia.

ESIXIMOS A REMUNICIPALIZACIÓN DO SERVIZO DE ATENCIÓN Ó DOMICILIO

OS COIDADOS NON PODEN SER UN NEGOCIO

O SAF NON SE VENDE, O SAF DEFÉNDESE

Un comentario

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.