Denuncian que a web de petición de citas do SERGAS está deshabilitada en moitas zonas

A Coordinadora Antiprivatización da Sanidade Pública da Coruña (Mareas Brancas) quere denunciar a situación na que se encontran moitas usuarias ao no poder pedir cita na web do SERGAS que se encontra deshabilitada dende fai uns días nalgunhas areas asistenciais

«O proceso privatizador de Feijóo levado a cabo coas súas políticas neoliberais precariza e colapsa, cada día máis, a Sanidade Pública: as usuarias que poden pedir cita a conseguen para dúas semanas ou mais, a outras non se lles facilita a posibilidade de pedila. E nos comentan, que tras chamar ó seu centro de saúde, os teléfonos comunican constantemente. Isto loxicamente incrementa as listas de agarda insoportables, o peche de servizos públicos esenciais, o maltrato das mulleres do rural e a precariedade laboral das traballadoras» denuncian.

A Marea Branca anima a toda a cidadanía «a rebelarse contra os que queren roubarnos os servizos públicos e presenten queixa ante o SERGAS e a Valedora do Pobo. Non podemos permitir que esnaquicen a nosa sanidade pública. Se non facemos nada, mais tarde que cedo, teremos que pagar para ter uns coidados axeitados».

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.