El RC Deportivo cerrará 2021 con dos encuentros, el jueves en Copa del Rey ante Osasuna en Riazor y el domingo visitará a la Cultural y Deportiva Leonesa

O Deportivo encara sen descanso a última semana de competición de 2021 con dobre compromiso: ante o CA Osasuna na segunda eliminatoria de Copa do Rei este xoves 16 de decembro en ABANCA-RIAZOR (21:00 horas, Dazn) e fronte á Cultural Leonesa o domingo 19 de decembro (18:00 horas, Footters) no Estadio Reino de León, no último partido de liga de 2021.
Borja Jiménez explicou onte en rolda de prensa en ABANCA-RIAZOR que «a afrontamos igual que a semana de UCAM Murcia CF. Temos a sorte de que non temos que viaxar. É certo que temos un rival que vén de empatar ante o Barça. Non é un calquera de Primeira División. Xa me ouvistes falar do míster (Jagoba Arrasate) e de todo o que supón que veña Osasuna. Para nós é positivo. Imos querer gañar o partido igual que fixemos en Murcia pero sabendo que o noso obxectivo é maio na liga. Repartiremos minutos como fixemos ante o UCAM. Valoraremos os que saibamos que van a partir de inicio ou con máis probabilidades o domingo en León e os que non a xogar e a tentar gañar a Osasuna. Esa vai ser nosa semana: dous partidos e tentar gañar os dous».
Ademais dos dous partidos, o corpo técnico branquiazul dispuxo seis sesións de adestramento, dúas delas en ABANCA-RIAZOR.
Todos os adestramentos matinais desde hoxe luns comezarán ás 10:30, con almorzo para o cadro a partir das 8:45 cando sexan na Cidade Deportiva.
A planificación semanal, sempre susceptible de sufrir variación por razóns técnicas, é a seguinte:
Luns 13 de decembro
10:30 h., en Abegondo
Martes 14 de decembro
10:30 h., en Abegondo
Mércores 15 de decembro
10.30 h., en Abegondo
Xoves 16 de decembro
10:30 h., en ABANCA-RIAZOR
21:00: Deportivo – CA Osasuna (Copa do Rei), en ABANCA-RIAZOR
Venres 17 de decembro
19:00 h., en ABANCA-RIAZOR
Sábado 18 de decembro
10:30 h., en Abegondo
Domingo 19 de decembro
18:00: Cultural Leonesa – Deportivo, no Estadio Reino de León.
Foto: RC Deportivo